Dra. Eva Carrajo Iglesias. Odontoloxía e implantes.

Que servizos ofrecemos?

Contamos con todas as especialidades en clínica.


Odontoloxía Conservadora e Preventiva

A prevención é o mellor tratamento para evitar patoloxías bucodentais. Por este motivo na clínica realizamos un seguimento persoalizado de todos os nosos pacientes.



Periodoncia

Especialidade odontolóxica encargada de estudar o periodonto ou tecidos de soporte dos dentes, sendo éstos a enxiva, o ligamento periodontal e o óso alveolar.



Cirugía Oral e Implantología

É a especialidade que trata de solucionar as patoloxías ou enfermidades da cavidade oral mediante a cirurxía.



Estética y Cosmética dental

A parte da odontoloxía que se ocupa de mellorar e embelecer os dentes para conseguir unha sonrisa armónica que aporte seguridade e benestar a todos os nosos pacientes.



Endodoncia

É a técnica utilizada para tratar enfermidades que afectan a pulpa ou nervio dentario. Procedese a limpar e eliminar todo o tecido vascular e nervioso da canle radicular do dente afectado.



Ortodoncia

Esta especialidade odontolóxica ocupase de alinear os teus dentes e mellorar problemas na oclusión (a tua forma de morder).









clinica dental

Odontoloxía Conservadora e Preventiva

A prevención é o mellor tratamento para evitar patoloxías bucodentais. Por tal motivo na clínica realizamos un seguimento persoalizado de todos os nosos pacientes con revisións periódicas para lograr un mantemento e estado óptimo de saúde oral. Realizanse limpezas dentais convencionais para eliminar sarro e cálculo dental, así como limpezas específicas co sistema “air-flow” co que se eliminan tincións externas producidas por consumo de café, tabaco e que melloran o teu sorriso conseguindo unha saúde e estética ideal. A odontoloxía conservadora é a parte encargada de rehabilitar e restaurar os tecidos lesionados dos dentes por diversas causas, sendo a máis habitual a caries dental. Para iso, limpiase e eliminase o tecido enfermo e deteriorado e reconstruese o dente ou molar con materiais biocompatibles que recuperen a forma e a anatomía perdida e obter novamente a estética desexada.




clinica dental

Periodoncia

Especialidade odontolóxica encargada de estudar o periodonto ou tecidos de soporte dos dentes sendo éstos a enxíva, o ligamento periodontal e o óso alveolar. A patoloxía do periodonto máis frecuente é a xenxivite ou inflamación das enxivas, que pode ir acompañada de sangrado das mesmas e outra lesión máis severa sería a periodontite que iría acompañada ademáis de pérdida de óso alveolar e posiblemente de movilidad dentaria. A periodoncia encargase de controlar estas enfermidades e evitar perder os seus dientes, por iso é moi importante a detección temprana de calquer anomalía e realizar un bo estudo en cada caso. Os tratamentos periodontais utilizados serían a raspaxe, o alisado radicular e a cirurxía periodontal.




clinica dental

Cirurxia oral e Implantoloxía

É a especialidade que trata de solucionar patoloxías ou enfermidades da cavidade oral mediante a cirurxía. A implantoloxía é a técnica quirúrxica que se adica a colocación de implantes dentais para repoñer e rehabilitar dentes perdidos ou ausentes na súa boca, mellorando a súa calidade de vida. O implante dental é unha raíz artificial de titanio que sustitue a raíz do dente ou molar ausente na súa boca e que posteriormente serve de apoio e piar dos dentes artificiais cerámicos fixos. Deste xeito recuperar o seu sorriso está o alcance de todos sen molestias de aparatos que se moven na súa boca. Para realizar o tratamento implantolóxico realizaselle un estudo personalizado na clínica, mediante probas radiolóxicas indispensables para evaluar e valorar o estado do óso que necesitaremos para aloxar os implantes dentais. En casos de pérda severa de óso realizanse técnicas de rexeneración ósea mediante materiais biocompatibles e artificiais que recuperan o óso perdido e posibilitan poder poñer implantes dentais en todos os nosos pacientes. Realizamos técnicas innovadoras de carga inmediata, para os casos nos que colocar implantes e dentes na misma sesión e día facilitan a súa vida diaria e recuperamos a sonrisa desde o inicio do tratamento.




clinica dental

Estética e cosmética dental

A parte da odontoloxía que se encarga de mellorar e embelecer os dentes para conseguir un sorriso armónico que aporte seguridade e benestare a todos os nosos pacientes. Na clínica realizamos os siguientes tratamentos para conseguir a estética desexada. Blanqueamentos dentais: técnica coa que conseguimos aclarar e mellorar a cor natural dos seus dientes, realizase nunha sesión en consulta e ademáis é moi conservador e pouco agresivo para o seu esmalte. Carillas de composite ou cerámicas: Con este tratamento ademáis de correxir a cor, podemos modificar la forma e tamaño dos dentes, así como pechar espazos ou diastemas non desexados. Con todos os tratamentos realizados na clínica melloramos sensiblemente o seu sorriso e a súa calidade de vida.




clinica dental

Endodoncia

É a técnica utilizada para tratar enfermidades que afectan a pulpa ou o nervio dentario. Procedese a limpar e eliminar todo o tecido vascular e nervioso da canle radicular do dente afectado, e continúase co selado do mesmo con materiais específicos para evitar novas lesións e infeccións. Desta maneira podemos evitar extraccións dentarias tempranas, mantendo os seus dentes o maior tempo posible na súa boca.




clinica dental

Ortodoncia

Esta especialidade odontolóxica ocupase de alinear os teus dentes e mellorar problemas na oclusión (a túa forma de morder). Mellorar a estética e a saúde da nosa boca é moi importante. Achégate e pide un orzamento gratuito e sen compromiso.